Pura raza galega

A orixe do cabalo da Pura Raza Galega está na herdanza que deixaron no norte da península os celtas. Estes pobos introduciron un exemplar domesticado de poni, con cabeza e orellas pequenas e con lombo ancho. Esta raza de cabalos habita no monte de Galicia, nas áreas máis montañosas con escasa poboación arbórea e demográfica.

Os cabalos de Pura Raza Galega son animais cun temperamento manso se a súa crianza se fai en condicións de restrinxida liberdade. O carácter dócil propio desta raza aporta beneficios aos centros de equitación terapéutica ou á hipoterapia.

Na década dos 90 existe unha preocupación recoñecida pola protección dos cabalos que se atopaban no monte galego. Esta iniciativa xurde para combater a desaparición xenética máis primaria desta raza de cabalos. Malia a que os gandeiros no inicio aportaron o lado máis negativo no recoñecemento das razas, alegando unha perda económica substancial na produción de carne. Recentemente, nace unha iniciativa para a recuperación e conservación da raza, cunha poboación de 1300 exemplares censados.

Na actualidade, os cabalos de Pura Raza Galega seguen habitando nos montes galegos en completa liberdade. Pero a loita pola revalorización dos exemplares da raza, leva a moitas persoas amantes destes animais a ofrecerlles asilo nas súas cortes, para asistir posteriormente a diversas competicións e amosar as mostras da Pura Raza Galega en diferentes competicións.