Servizos

Promoción

PURAGA intenta mellorar a pureza da Raza Galega a fin de lograr a súa revalorización no mercado. Dende a Asociación preténdese cambiar a vía de comercialización da reses, das cales a maioría delas son destinadas á venta de carne. A Asociación pretende dirixirse a outros sectores, onde as persoas poden ser beneficiadas polas propiedades terapéuticas da equitación equina, ou dun maior desenvolvemento do turismo rural na comunidade galega.

A Asociación pon en marcha proxectos tales como un centro de cría de equinos de Raza Galega, para aumentar a pureza da raza, un valor engadido en tódolos ámbitos onde se atopa.