PuRaGa

Historia

PURAGA é a Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega. Esta asociación nace no ano 2003 para comprometerse coa protección e defensa dos cabalos desta raza. O principal fin de PURAGA é intentar conservar esta raza de cabalos que se atopa en perigo de extinción. Para que isto non suceda, créase o libro xenealóxico.

A labor que leva a cabo esta asociación ten como obxectivo principal acadar unha elevada concienciación entre os criadores dos cabalos. Para a Asociación é importante que as persoas fagan un reflexión sobre as peculiaridades das que goza a Pura Raza Galega.

Dende que a Asociacién se puxo en marcha, foron moitos os eventos nos que participou para acadar os obxectivos marcados. PURAGA participa aproximadamente en 15 feiras equinas ao ano, así como tamén en mercados gandeiros e en exhibicións de razas autóctonas que se atopan en perigo de extinción.